Veciños do Pereiro denuncian que o Concello arranxa unha praza en vez de mellorar o parque infantil
Os primeiros veciños da urbanización A Tapada, no concello do Pereiro de Aguiar, chegaron aquí hai xa unha década. Dende aquela este pequeno parque é o único co que contan pra levar os seus nenos en quilómetros á redonda. Din que levan anos reclamándolle melloras ó concello.
A súa sorpresa foi maiúscula cando en vez de arranxar o parque, se decidiu remodelar unha praza que xa existía. Vanse investir nestas obras 80 mil euros que os pais reclaman agora para mellorar o lugar de xogo dos seus cativos.
Din que en días coma este con temperaturas preto dos trinta graos, a calor faise insoportable para grandes e pequenos. Contra as seis da tarde e despois de tan só media hora de xogos, marchan do parque. Aseguran que seguirán coas súas reivindicacións ata que o concello os escoite.
Los Vecinos de A Tapada de Bouzas en la TVG
Hoy a las 20:30 en tvg los vecinos de A Tapada De Bouzas reivindicando un parque infantil.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)



